Cargando resultados...
O Banco de Alimentos de Lugo está baixo mínimos e necesitan produtos básicos
O Banco de Alimentos de Lugo está baixo mínimos e necesitan produtos básicos
Apelan á solidariedade de empresas e particulares
Banco de Alimentos en Lugo
G24.gal
30/04/2023 13:34
Última actualización 30/04/2023 13:40
Levan dous meses sen poder atender novas familias e o Banco de Alimentos de Lugo non dá para máis, xa que apenas teñen recursos nin sequera para atender os 2.000 usuarios que hai na actualidade.
Edwin e Andrés son voluntarios de Aviva, unha ONG que xestiona a distribución de alimentos. Son testemuñas de como foi cambiando o perfil de usuarios.
Os martes as filas de espera superan os cen metros.
Moitas veces pártelles o corazón cando teñen que dicir que non.
Para a semana iníciase unha nova campaña de recollida.
Apelan á solidariedade de empresas e particulares para que se poidan seguir distribuíndo alimentos básicos ás persoas que o necesitan.