Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de Alimentos de Pontevedra fai un chamamento á colaboración cidadá

O Banco de Alimentos de Pontevedra fai un chamamento á colaboración cidadá

O 28 e o 29 de maio farán unha nova campaña de recollida de alimentos

Necesitan 200 persoas voluntarias para desenvolver a campaña

O banco de Alimentos de Pontevedra atende 25 mil persoas en toda a provincia

G24.gal 15/05/2022 14:07 Última actualización 15/05/2022 14:30

No Banco de Alimentos de Pontevedra buscan voluntarios.

"Fixemos un chamamento para ver se podemos recrutar uns 200 voluntarios que nos fan falta", explica José Luis Doval, delegado do Banco de Alimentos de Pontevedra

Necesítanos porque a finais de maio comezan unha nova campaña de recollida de alimentos.

"Imos facer a campaña do maio solidario de Gadis o 27 e o 28,  na cidade de Pontevedra, en Lalín, en Marín, en Vilagarcia de Arousa e en Caldas", comenta José Luis Doval.

Din que cada vez máis xente necesita axuda. Véñeno notando desde o comezo da pandemia e agora tamén debido á suba dos prezos.

"Agora mesmo estamos atendendo en toda a provincia arredor de 25 mil persoas, desgraciadamente", asegura o delegado do Banco de Alimentos.

No Banco de Alimentos de Pontevedra calculan que a demanda de axuda vai aumentar este ano arredor do 20 por cento. Por iso, a recollida de alimentos non pode deterse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade