O Banco de España limita a suba do PIB ao 1,3 % en 2023, cunha inflación do 4,9 %
O Banco de España limita a suba do PIB ao 1,3 % en 2023, cunha inflación do 4,9 %
A entidade cre que o endurecemento das condicións financeiras, a elevada incerteza e unha inflación aínda alta marcarán a evolución económica española no próximo ano
O Banco de España confirma un freo na economía española para 2023. Considera que o PIB moderará o crecemento en gran medida pola inflación, que non baixará o suficiente,
Segundo esta entidade, a nosa economía rematará 2022 cun crecemento medio do PIB do 4,6 por cento, pero en 2023 caerá máis de 3 puntos, ata quedar no 1,3, lastrado en gran parte por unha inflación arredor do 5 por cento.
Di o Banco de España que a moderación de prezos na cesta da compra aínda vai tardar, e que a inflación subxacente, a que non contempla os alimentos frescos nin os produtos enerxéticos, tamén vai seguir alta.
Así as cousas, España non recuperará os niveis de crecemento previos á pandemia ata finais de 2023 ou comezos de 2024.
Tampouco son positivas as previsións en materia laboral. Se este ano a creación de emprego acadará o 4,1 %, o ano que vén caerá ao 0,5. Aínda así, a taxa de desemprego só aumentará unha décima, quedando no 12,9 por cento.