Publicador de contidos
Publicador de contidos

O barco encargado de localizar o pecio do Pitanxo, listo para saír

O barco encargado de localizar o pecio do Pitanxo, listo para saír

Só lles falta completar os trámites administrativos

G24.gal 10/05/2023 16:09

Saben que levamos case ano e medio contándolles cada novidade que se produce no caso do Villa de Pitanxo, a maior traxedia no mar do último medio século en Galicia. Hoxe puidemos conversar co máximo responsable de

ACSM Ships, a empresa viguesa que vai levar a cabo a busca do pecio afundido  do Villa de Pitanxo en busca de probas. Din que teñen o barco listo para saír ao mar en canto se completen os trámites administrativos. 

O buque permanece no peirao de Vigo á espera de que se completen os trámites administrativos para poñer en marcha unha misión histórica que pretende dar luz sobre as circunstancias dun naufraxio  en augas de Terra Nova en que morreron 21 persoas e polo que están investigados o patrón do buque e a armadora.

Tardarán unha semana en chegar á zona para comezar unha misión que durará quince días. A fase complexa será a da localización do pecio cun sonar. Ademais dos técnicos, no Ártabro viaxarán peritos xudiciais e membros da Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade