Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi complícase para un 'play off' en que se consolida o Ensino

O Baxi complícase para un 'play off' en que se consolida o Ensino

A vitoria do Gran Canaria na Malata deixa o Celta cunha soa vitoria de marxe sobre o descenso

O Ensino sumou a terceira vitoria consecutiva e ocupa a sexta posición

G24.gal 10/03/2024 14:49

O Baxi Ferrol deixou boa parte das súas opcións de meterse no play off polo título ao perder de xeito sorprendente ante un Gran Canaria que chegaba en posición de descenso. As ferrolás impuxéronse no primeiro cuarto, pero as canarias anotaron 62 puntos nos dous seguintes que as fixeron marchar no marcador 56-78. De nada lles serviu ás galegas a reacción final, cun 27-13 no último cuarto, e remataron perdendo por 83-91. Washington, con 26 puntos, 13 puntos e 31 de valoración, foi a xogador máis valiosa do partido. A derrota sitúa o Gran Canaria a unha vitoria do Celta Zorca Recalvi, que perdeu ante o Araski por 68-57.

O Durán Maquinaria Ensino prosegue a súa escalada e xa é sexto na clasificación tras gañar en Bembibre por 74-78 e sumar a súa terceira vitoria consecutiva. Tras un primeiro tempo dominado polas locais en que se chegou ao descanso cun 44-37, as lucenses romperon o encontro no terceiro cuarto cun parcial de 14-26 que as puxo por diante no marcador ata o final. Lidia Giomi, con 17 puntos, 10 rebotes e 24 de valoración, foi a xogadora máis destacada dos lucenses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar