O Baxi falla o tiro para gañar na Rioxa e acaba perdendo na prórroga
O Baxi falla o tiro para gañar na Rioxa e acaba perdendo na prórroga
O Baxi Ferrol perdeu na pista do Campus Promete por 86-75 nun partido que se decidiu na prórroga.
As de Lino López tiveron unha gran aparición na pista dominando o primeiro cuarto (13-20) pero desapareceron no segundo. Ao descanso gañaba o equipo local por 36-28. No terceiro volveron a coller o pulso do partido (49-53) e todo quedou pendente do último período.
Unha canastra de Ivanovic a 1:30 para o final poñía un esperanzador 66-70 para o Baxi que acabou estragando o traballo neses últimos 90 segundos. O Campus Promete empatou cunha canastra a cinco segundos do final e Taylor Koenen tivo nas súas mans a bóla para anotar a canastra decisiva, pero non tocou aro.
Na prórroga, a meirande rotación das rioxanas decidiu e fixeron un contundente parcial de 15-4.