Publicador de contidos
Publicador de contidos

O partidazo de Mataix permítelle ao Baxi ir con vantaxe a Hungría (78-73)

O partidazo de Mataix permítelle ao Baxi ir con vantaxe a Hungría (78-73)

O equipo ferrolán derrotou o DVTK con 32 puntos da súa base

G24.gal 09/01/2025 21:38 Última actualización 10/01/2025 15:26

O gran partido que realizou Ángela Mataix permítelle ao Baxi Ferrol ir cunha mínima vantaxe (78-73) ao partido de volta dos dezaseisavos de final da Eurocup Women diante do DVTK, o campión de Hungría. 

O Baxi comezou cunha grande intensidade defensiva que lle permitiu recuperar 7 balóns no primeiro cuarto e acabar cun 24-11 os primeiros dez minutos. A vantaxe foise ata os 16 (29-13) pero aí parou en ataque o equipo ferrolán. O DVTK encadeou un parcial de 0-19 que lle deu a volta ao encontro. Ao descanso a vantaxe era húngara (35-40). 

No terceiro cuarto apareceu Ángela Mataix. Cunhas porcentaxes extraordinarias botouse o equipo ás costas e conseguiu darlle a volta a unha situación complicada porque a desvantaxe chegou a ser de sete puntos. O último cuarto comezaba cun igualado 58-56 e nesa dinámica mantívose ata os últimos minutos. O Baxi chegou a ter un +9 (74-65) e acabou con cinco puntos de marxe que terá que defender en Hungría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar