Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol continúa con paso firme na Eurocup Women

O Baxi Ferrol continúa con paso firme na Eurocup Women

Derrotou o equipo dos Azores con claridade nun partido marcado polo parcial inicial de 20-0

G24.gal 23/10/2024 21:25

O Baxi Ferrol sumou a segunda vitoria en tres xornadas na fase de grupos da Eurocup Women e continúa dando pasos firmes para a clasificación para a seguinte fase. Despois da primeira volta de resultados o líder é o Galatasaray turco, con tres vitorias. O Baxi ocupa a segunda praza con dúas e o Brno checo, que terá que visitar A Malata, é o terceiro cun triunfo. 

O partido diante do pechacancelas do grupo, a Union Sportiva das Azores non tivo historia desde o comezo. O Baxi saíu moi enchufado cun parcial de 20-0 que resultou determinante. Chegoulle con manter a diferenza sen apertar moito o acelerador. Ao descanso o marcador era 44-22 e no terceiro cuarto o equipo de Lino López marchou de ata vinte e oito puntos (54-26). 

A diferenza marcou uns escandalosos 34 puntos a catro minutos do final (74-40) e acabou o partido coa máxima vantaxe (82-45). Hai que destacar o gran partido de Gala Mestres con 22 puntos, 7 rebotes, 5 asistencias e 37 de valoración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade