Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol ficha a aleiro cántabra Alba Sánchez-Ramos

O Baxi Ferrol ficha a aleiro cántabra Alba Sánchez-Ramos

Formouse nas filas do Baloncesto Torredolones, para logo marchar aos Estados Unidos, onde xogou na Universidade de Wyoming

G24.gal 21/06/2024 11:30 Última actualización 21/06/2024 11:36

O Baxi Ferrol anunciou este venres a fichaxe de Alba Sánchez-Ramos. Formouse nas filas do Baloncesto Torredolones, para logo marcharse a Estados Unidos, onde xogou na Universidade de Wyoming, onde foi campioa da súa conferencia no ano 2021.

Posteriormente, regresou a España para asinar polo Legánes co que xogou as dúas ultimas campañas, a primeira na liga Endesa e a segunda na liga Challenge.

A deportista acabou a tempada cunha media de 10,2 puntos e 3,4 rebotes.

“É unha xogadora exterior, moi completa. Con bo físico, sobre todo destaca polo seu tiro exterior, é boa pasadora e fai moitas cousas sempre ao servizo do equipo", define Lino López, adestrador do equipo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos