O Baxi Ferrol gaña o derbi galego (73-57) e reforza o liderado
O Baxi Ferrol gaña o derbi galego (73-57) e reforza o liderado
O Baxi Ferrol sumou a quinta vitoria consecutiva no derbi ante o Celta Zorka Recalvi e mantén o liderado. Saíron moi fortes as locais, cun 7-0 de parcial ao que responderon as visitantes cun 2-9 para empatar o encontro. E aí rematou a igualdade.
Irene Garí (13 puntos e 20 de valoración ao final do choque), Andrea Boquete (13 puntos) e Jenna Allen (15, máxima anotadora do partido) colleron o mando en ataque e a defensa do Baxi fixo o resto. O Celta non atopou a forma de meterse no partido.
"Pecamos de inxenuas, caemos en todas as trampas que nos puxeron", indicou a técnica celeste, Cristina Cantero.
73-57 venceu o Baxi que encara o último terzo da competición no único posto de ascenso directo.
"Non ten sentido cando queda tanta liga. O bo é seguir mellorando e non depender dunha soa xogadora", dixo Lino López.
Porque neste partido, no Baxi anotaron todas as que xogaron.