O Baxi Ferrol, ilusionado ante unha cita histórica en Europa
O Baxi Ferrol, ilusionado ante unha cita histórica en Europa
Lino López: "Non hai máis momento histórico para a cidade que vivir hai 40 anos o OAR europeo"
As oito menos cuarto sairá o Baxi cara a terras italianas (a viaxe será en avión vía Santiago-Madrid-Nápoles), onde o xoves se enfrontará ao Battipaglia, no partido de ida da fase previa da Eurocup. O partido será ofrecido en directo pola canle de YouTube da FIBA. Para o día 26 deste mes de setembro, ás oito da tarde, está previsto o encontro de volta no pavillón da Malata.
Se os ferroláns superan a previa, xa quedarán encadrados nun grupo da Eurocup con outros tres rivais, o que garante tres partidos de competición europea en casa e outros tres fóra.
"Non hai máis momento histórico para a cidade que vivir hai 40 anos o OAR europeo".
"E vivir agora co Baxi a previa da Eurocup. Hai 15 anos isto era un soño".
Para este encontro do día 26 o club decidiu que a entrada para os abonados sexa gratis e poñerá á venda unha entrada de público ao prezo de cinco euros. É unha tempada especial para o club ferrolán, que afronta un momento histórico, a participación de club nunha competición europea, o que ilusiona ao club e aos seus moitos afeccionados. A entidade xa conta con máis de 1.400 abonados e espera chegar aos 1.600 antes de que arrinque a liga Endesa, a máxima competición do baloncesto feminino español.