Cargando resultados...
O Bergantiños adiántase en Palencia, pero acaba perdendo o partido
O Bergantiños adiántase en Palencia, pero acaba perdendo o partido
G24.gal
25/09/2022 21:42
O Bergantiños tivo na man a vitoria na Balastera, nun partido que se lle puxo de cara axiña. Foi co penalti que transformou Remeseiro aos tres minutos. Aos poucos, o Palencia Cristo Atlético foise facendo co control do partido e comezou a crear ocasións. Aínda na primeira metade, pouco despois da media hora, empataba Adri Herrera.
Na continuación, o partido puido caer para calquera lado. Carlos López tivo nas súas botas a ocasión de establecer o un a dous, pero non conseguiu o gol. E, xusto a seguir, o coruñés Adri Castro si atinou para deixar os tres puntos en Palencia.
O Bergantiños queda con catro puntos, preto da zona perigosa.