Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bernabéu acollerá a repetición da última final da Champions

O Bernabéu acollerá a repetición da última final da Champions

Real Madrid e Dortmund volven enfrontarse na terceira xornada da primeira fase da Champions

Ao Xirona só lle vale a vitoria diante do Slovan de Bratislava

G24.gal 21/10/2024 19:42

Este martes volve a Liga de Campións. O Real Madrid afronta a terceira xornada da primeira fase ante o Borussia Dortmund no Santiago Bernabéu. Partido que reedita a final da Champions do ano pasado. Tras a apurada vitoira ante o Celta en Balaídos, Ancelotti céntrase na competición europea. Última sesión de adestramento con boas noticias para Brahim Díaz. O malagueño está preto de volver xogar, con todo será unha das baixas de Ancelotti para o encontro xunto a Alaba e Carvajal.

Quen sofre un andazo de baixas é o equipo alemán. O conxunto dirixido por Nuri Sahin decidiu non realizar o seu habitual adestramento previo ao encontro no estadio rival, por medo a que os espías do Real Madrid estuden as súas tácticas

O Xirona recibe o martes o Slovan Bratislava coa intención de lograr puntuar nesta Champions na que aínda non se lograron estrear. Michel ten a enfermería chea e terá que facer números para compoñer o once. Só ten dispoñibles 12 xogadores de campo con ficha do primeiro equipo. Os cataláns precisan a vitoria para manter opcións de estar na seguinte rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar