Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Betis gaña a Copa con Borja Iglesias como MVP

O Betis gaña a Copa con Borja Iglesias como MVP

O santiagués marcou o gol do seu equipo nunha final que se decidiu na quenda de penaltis (1-1 e 5-4)

G24.gal 24/04/2022 06:42

O Betis acadou a terceira Copa do Rei da súa historia logo de derrotar o Valencia na quenda de penaltis depois de que o partido rematase con empate (1-1). Un erro de Musah no cuarto lanzamento permitiu que os sevillanos lograsen o título. 

Especial protagonismo para o santiagués Borja Iglesias, mellor xogador da final e autor do único gol do seu equipo. Borja marcou aos 11 minutos cunha gran cabezada a centro de Bellerín. 

Comezou moito mellor o Betis pero o Valencia soubo refacerse e á media hora Hugo Duro cunha gran vaselina poñía o empate. Cada equipo tivo o seu momento no partido. O treito final do primeiro tempo volveu a ser do Betis cun lanzamento de Canales ao pau. 

Na segunda metade o Valencia principiou moito mellor pero segundo pasaban os minutos o equipo verde e branco volveu a coller o mando do partido e a xerar oportunidades. Borja, Fekir ... houbo ocasións dabondo para que non chegase á prórroga. 

O tempo suplementario foi o do medo. Medo a perder por parte de dous equipos que o fiaron todo aos lanzamentos de penalti. Aí o máis atinado foi o Betis. Marcounos todos co quinto penalti transformado polo canteirán Miranda xa na historia do beticismo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade