Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG esixe ao Goberno que interpoña o recurso contra o veto á pesca de fondo

O BNG esixe ao Goberno que interpoña o recurso contra o veto á pesca de fondo

Ana Miranda esixiu unha reunión co comisario europeo de pesca e acusou a Comisión de estar prevaricando

G24.gal 21/09/2022 13:29

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu este mércores ao Goberno que interpoña un recurso ante a decisión da Comisión Europea de pechar á pesca de fondo 87 áreas de augas comunitarias.

Así o demandou en conferencia de prensa a líder da formación, acompañada pola eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, que esixiu unha reunión co comisario europeo de pesca pero sobre a que aínda non tivo resposta aínda que entende que é urxente que se produza xa que, pola contra, supoería unha “falta de respecto” a todo un sector.

A parlamentaria europea volveu a cargar contra a decisión do Executivo comunitario, que supón “un ataque á frota galega” e tamén evidencia que “a Comisión Europea está prevaricando” ao non realizar o estudo correspondente relativo ao impacto socioeconómico que terá esta medida.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade