Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG esixe que Feijóo aclare no Parlamento o incremento do seu patrimonio de 2020 a 2022

O BNG esixe que Feijóo aclare no Parlamento o incremento do seu patrimonio de 2020 a 2022

Os nacionalistas din que é precisa "unha aclaración do relevante incremento patrimonial"

G24.gal 07/09/2023 14:50

O BNG rexistrou unha solicitude no Parlamento galego para que se convoque de inmediato a Comisión do Estatuto do Deputado, que leva máis dun ano sen celebrarse. Os nacionalistas queren que este órgano analice a declaración de bens patrimoniais de Alberto Núñez Feijóo entre 2020 e 2022.

"Está pendente por parte da Comisión do Estatuto do Deputado a determinación da procedencia dunha solicitude realizada polo Bloque Nacionalista Galego para solicitar do señor Núñez Feijóo unha aclaración do relevante incremento patrimonial experimentado", asegura o deputado do BNG Iago Tabarés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade