O BNG propón límitar a localización, a cantidade e o tempo de uso das vivendas turísticas
O BNG propón límitar a localización, a cantidade e o tempo de uso das vivendas turísticas
Ana Pontón afirma que nos últimos dez anos o prezo dos alugueiros en Galicia aumentou un 44 % mentres na Coruña se disparou ata un 67 %
A portavoz nacional do Bloque denuncia que a Xunta está "de brazos cruzados, botando balóns fóra e nalgunhas ocasións, sendo parte do problema" e pídelle que actúe
A portavoz nacional do BNG Ana Pontón propuxo este venres limitar a localización, a cantidade e o tempo das vivendas de uso turístico para abordar os problemas de acceso á vivenda e controlar unha subida dun 44 % nos prezos do alugueiro en Galicia no últimos dez anos.
Tras unha reunión con afectados na Coruña, Pontón asegurou que Galicia sofre "problemas derivados do acceso á vivenda" e di que son "responsabilidade directa da Xunta".
"Durante estes últimos 15 anos, en lugar de poñer en marcha medidas para facilitar o acceso á vivenda, a Xunta de Galicia dinamitou a política pública de vivenda".
Pontón denuncia o descontrol en materia de vivendas de uso turístico ante a "total pasividade do Goberno do Partido Popular", que está "de brazos cruzados, botando balóns fóra e nalgunhas ocasións sendo parte do problema".
Segundo os seus datos, en 2017 había 500 vivendas de uso turístico en Galicia e hoxe xa son máis de 25.000, polo que propón actuar con regulación.
A primeira medida que expón é definir as zonas con exceso de vivendas de uso turístico para, a continuación, aplicar un tope á cantidade destas nas zonas de tensión.
Expón tamén aplicar un límite temporal ao uso turístico cando supoña un problema de acceso á vivenda residencial.
Demanda, ademais, cambiar as normas para o rexistro deste tipo de vivendas, pois veo como un coadoiro de pisos ilegais.
Por todo iso, reclama á Xunta que actúe e lémbralle que ten competencias plenas en materia de vivenda e de turismo.