Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG releva a Bildu no escano do Parlamento Europeo

O BNG releva a Bildu no escano do Parlamento Europeo

Os dous partidos máis Esquerra Republicana presentaron candidatura conxunta nos últimos comicios europeos

G24.gal 06/09/2022 14:05

O Bloque Nacionalista Galego volve ocupar unha cadeira no Parlamento Europeo. Este mediodía Ana Miranda tomou posesión do escano.

O BNG toma a remuda a Bildu. Os dous partidos máis Esquerra Republicana presentaron candidatura conxunta nos últimos comicios europeos.

"Quero agredecer a todos os que nos votaron nas pasadas Europeas. Para min como eurodeputada é unha gran responsabilidade estar á altura do traballo, e sobre todo ser a voz de Galicia en Europa", dixo Ana Miranda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade