O bono coidado no fogar beneficiará os coidadores que atenden os dependentes na casa
O bono coidado no fogar beneficiará os coidadores que atenden os dependentes na casa
Contarán cun bono de 5.000 euros que facilite a continuidade no seu fogar
Como cada día, Carme planifica a súa xornada atendendo ás necesidades da súa irmá e da súa sobriña, ambas dependentes. Dedícase en exclusiva a coidalas. Non hai cartos que paguen a súa dedicación chea de cariño, pero recoñece que o Bono Coidado no fogar, polo que cada unha das dependentes recibirá 5.000 euros anuais, facilitará moitas cousas.
Un bono para todas as persoas con dependencia, independentemente do grao e da renda.
Dos sacrificios que require atender un dependente tamén sabe moito Lucía, que hai doce anos que atende os seus pais dependentes.
Unha prestación que se suma a servizos como o de Xantar na Casa ou o de Teleasistencia na casa. Os dependentes que estean en residencias recibirán un complemento de 1.200 euros anuais.