O Breogán ficha o pivote lituano Martynas Sajus
O Breogán ficha o pivote lituano Martynas Sajus
Formado no Zalgiris Kaunas, xogou tamén en Polonia e na Liga Endesa na campaña 2020/21 con Manresa
O Río Breogán chegou a un acordo co pivote lituano Martynas Sajus para a tempada 2023/24.
Formado no Zalgiris Kaunas, xogou tamén en Polonia e na Liga Endesa na campaña 2020/21 con Manresa, na primeira liga alemá e en Turquía.
Na campaña 2021/22 mediou 11,5 puntos, 5,4 rebotes e dúas asistencias e finalizou como cuarto mellor en rebotes da Bundesliga nas filas do Medi Bayreuth.
A pasada tempada formou parte do Büyükçekmece Basketbol turco asinando 10, 5 puntos, 5,4 rebotes, 2,6 asistencias e 1 tapón por partido.
Trátase dun pivote moi intenso, bo pasador e nos rebotes, con bo físico e gran capacidade para xerar xogo no poste baixo.
Actualmente está concentrado coa preselección lituana, que está a preparar o mundial.