O Breogán chega a Sar cun Sergi García que fixo historia no Palau
O Breogán chega a Sar cun Sergi García que fixo historia no Palau
Completou a súa mellor actuación individual nos seus douscentos partidos na Liga ACB
O base mallorquín logrou 23 puntos e sumou 28 de valoración
Ante o Barcelona, Sergi García fixo historia co Breogán o completar a súa mellor actuación individual nos seus douscentos partidos na Liga ACB. O base mallorquino logrou 23 puntos e sumou 28 de valoración nun encontro que lembrará durante toda a vida.
"Seguro que si. Para min foi un partido especial nun campo moi difícil contra un rival moi duro".
Para Sergi, o xantar celebrado días antes polo equipo foi determinante na vitoria no Palau.
"Hai momentos nos que un se ten que sentar a falar, das cousas boas e das cousas malas, axudar a xogadores a que fosen máis valentes, tentar que outros colleran máis protagonismo e creo que neste partido demos un paso adiante".
Logo da catarse e malia o triunfo en Barcelona, o base breoganista, con todo, dálle unha certa vantaxe ao Obradoiro.
"Teñen o público a favor, así que por ese lado teñen unha certa vantaxe"
Como naquel disco de Carlos Núñez, no Sar vivirase unha nova Irmandade das estrelas.