Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán dá a cara ante un Baskonia intratable (77-86)

O Breogán dá a cara ante un Baskonia intratable (77-86)

Actuación destacada de Arteaga, con 16 puntos e 20 de valoración

Tras un mal primeiro cuarto o Breogán chegou ao descanso nove puntos por debaixo

Máis de cinco mil espectadores encheron o Pazo para ver o Breogán-Baskonia
G24.gal 27/12/2022 21:53 Última actualización 27/12/2022 22:08

O Breogán deu a cara ante o Baskonia pero non puido contra un equipo da Euroliga, que está a un nivel altísimo e que sumou hoxe en Lugo a decima vitoria seguida entre a liga doméstica e Europa. Os de Mrsic víronse moi superados no primeiro cuarto que finalizou con 12 puntos arriba para o conxunto vitoriano.

A reacción dos celestes veu no segundo e terceiro cuarto cando se chegou a poñer con empate no marcador e incluso un punto por riba, grazas á grande actuación de Arteaga e a accións como as triplas de Nakic e Sergi García.

O croata puxo a igualada a 60 co lanzamento de dous tiros libres e o terceiro cuarto finalizou co Baskonia dous puntos por riba. Pero no último cuarto o equipo da Euroliga impuxo a súa lei. O marcador final foi de 77 a 86. O Breogán segue con seis vitorias e xoga o seu próximo partido o mércores 4 en Zaragoza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade