O Breogán empeza a construír o equipo co base Charlie Moore
O Breogán empeza a construír o equipo co base Charlie Moore
Foi un dos máis destacados na Lega italiana o ano pasado, acreditando 17'4 puntos e 5'3 asistencias
Un dos postos malditos da temporada pasada do Breogán foi o de base. Ata catro fichaxes (Sisko, Framkamp, Washington, Gray) pasaron polo equipo sen que ningún conseguise dar o rendemento axeitado, e foron Sergi García e Sergi Quintela os que sacaron as castañas do lume.
Unha das prioridades para este mercado era acertar nese posto, e Tito Díaz moveuse con rapidez asinando a Charlie Moore, un dos xogadores máis destacados a temporada pasada na Lega italiana. Moore, de 26 anos e 185 cm, acreditou uns números moi interesantes (17'4 puntos, 5'3 asistencias) e unhas porcentaxes no tiro exterior (41 %) que falan da calidade deste xogador.
Participou na liga de verán cos Detroit Pistons pero non conseguiu oco na NBA e decidiu afrontar a aventura europea. Primeiro en Bélxica e Serbia e na 23-24 no equipo do Pistoia. Nesta 24-25 chega á ACB coa idea de converterse nun referente do Breogán.