Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán encadea a sexta derrota seguida na pista de Bilbao (83-66)

O Breogán encadea a sexta derrota seguida na pista de Bilbao (83-66)

O parcial de 27-12 do terceiro cuarto resultou determinante

Perderon a diferenza de puntos contra Bilbao porque o Breogán gañara no Pazo por dezaseis

Sergi Quintela, o mellor dos lucenses con 16 de valoración

G24.gal 10/05/2023 20:33 Última actualización 10/05/2023 20:58

Estáselle a facer longo este treito final de temporada ao Breogán. Viaxaba a Bilbao coas baixas de Nakic e Momirov e sumou a sexta derrota consecutiva en ACB. 

Non comezou mal o partido para os de Mrsic. Con un parcial de 0-11 conseguían poñerse 8-13, a máxima vantaxe que tiveron ao longo do partido. Bos minutos de Sergi Quintela nun primeiro cuarto de moita igualdade (17-15). 

No segundo mantívose a dinámica, co Bilbao por diante pero sen romper o partido. Chegou a ter seis puntos de marxe (34-28) e chegouse ao descanso con todo por decidir (39-36). 

O terceiro cuarto foi o que decantou o partido. Principiou Bilbao cun 7-0 a favor (46-36). Breogán aguantou o primeiro tirón pero no segundo (14-0) quedou moi decantado (64-44). Os lucenses aínda tiveron coraxe para reaccionar no último cuarto (66-55) pero dous tiros libres fallados por Happ e unha antideportiva a Nenadic acabaron coas súas posibilidades. 

Bilbao aproveitou para volver marchar e pelexou ata o último segundo por recuperar o average. En Lugo gañara o Breogán por dezaseis. En Bilbao remontou o Bilbao, que gañou grazas a dous tiros libres a catro segundos para o final por dezasete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar