O Breogán estrea o marcador de triunfos en Badalona (70-76)
O Breogán estrea o marcador de triunfos en Badalona (70-76)
Os de Mrsic impuxéronse nos catro parciais do partido, e resistiron ao final
Os lugueses afástanse do descenso a falta de rematar o partido adiado co Tenerife
A primeira vitoria do Breogán chegou na cancha do Joventut logo de mandar en todos os cuartos e estar por diante no marcador máis de 20 minutos.
Nakic, 18 puntos e Aranitovic, 17, lideraron o triunfo dos lugueses, que empezaron mal o partido cun 14-7 de saída a prol dos locais pero que souberon remontar, sobre todo no segundo tempo e chegaron a ter sete puntos de vantaxe.
Non se puxeron nerviosos ao final, cando Joventut colouse a tres a menos dun minuto. Aproveitaron os tiros libres e venceron 70-76, para colocárense cun triunfo e dúas derrotas. O balance podería quedar equilibrado se vencen no partido adiado no seu día contra o Tenerife, e que vai concluír o vindeiro 7 de novembro.