Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán fai historia no Palau e sae dos postos de descenso

O Breogán fai historia no Palau e sae dos postos de descenso

O Breogán fixo historia ao gañar por primeira vez no Palau Blaugrana

Foto EUROPA PRESS
G24.gal 18/03/2024 18:03 Última actualización 18/03/2024 18:11

O Breogán fixo historia este domingo ao gañar por primeira vez no Palau Blaugrana ao  Barcelona (85-88) nun partido en que sempre creu na vitoria.

Histórica porque o Breogán gañou por primeira vez no Palau Blaugrana e vital porque conseguiu a súa sétima vitoria na tempada, crebou a súa mala serie tras encadear cinco derrotas e ademais saíu dos postos de descenso.

A clave do choque hai que buscala máis aló do propio baloncesto: o conxunto celeste sempre creu en si mesmo e esta semana o persoal conxurouse para tentar reverter a dinámica. E os resultados víronse en Barcelona, máis aló do triunfo en si mesmo. 

A vitoria permítelle ao Breogán saír de postos de descenso antes de xogar co Obradoiro no Sar

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade