Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán ficha a Jordan Davis

O Breogán ficha a Jordan Davis

O escolta americano procede do Hamburg Towers co que anotou 11 puntos de media na pasada tempada

É a novena incorporación para os lugueses, o equipo máis renovado da Liga ACB

G24.gal 31/07/2024 14:58

Jordan Davis é novo xogador celeste. O escolta americano aterra en Lugo para reforzar a liña exterior do Breogán, tras xogar no Hamburg Towers alemán.

Realizou un bo ano en Alemaña, cunha anotación media de máis de 11 puntos por partido. Davis é todo un especialista nas transicións e entradas a canastra. O xogador de 27 anos conta cunha gran versatilidade, sendo eficiente tanto en ataque como en defensa, e experiencia na competición. Vestiu a camiseta do UCAM Murcia durante tres campañas, ademais de pasar o seu primeiro ano en España nas filas do Manresa.

O Breogán suma unha nova incorpoaración con vistas á vindeira tempada. Trátase da novena fichaxe do equipo lugués, que renovou por completo o seu cadro de xogadores respecto ao do ano pasado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade