O Breogán non levanta cabeza ante o Málaga (65-76)
O Breogán non levanta cabeza ante o Málaga (65-76)
Quinta derrota consecutiva dos de Mrsic, que seguen en descenso
Os lucenses estragaron no terceiro cuarto unha boa primeira metade
Río Breogán recibiu no Pazo ao segundo clasificado e non houbo sorpresa. Os malagueños superaron por 65 a 76 a un Breogán que non levanta cabeza.
A primeira metade do conxunto e Mrsic non foi mala. No primeiro cuarto viuse un equipo serio, pero errou de máis e marchou catro abaixo. Iso si, foi no segundo cuarto cando se veo a súa mellor versión. Estivo ben en defensa e marchou tan só un punto abaixo ao descanso (33-34).
Pero foi na segunda metade, en concreto no terceiro cuarto, onde os locais estragaron todo o traballo que fixeran. As numerosas perdas fixeron que o Unicaja obtivera unha vantaxe de 10 puntos, que foi quen de manter durante o que restaba de partido. O último cuarto, un paseo para un equipo que gaña practicamente alá por onde vai e que acumula xa catro meses sen perder. O resultado final, 65-76, once de diferenza.
O Breogán segue unha semana máis en descenso e terá que esperar para ver se Obradoiro ou Granada conseguen algo de vantaxe no día de mañá.