Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán busca en Turquía un bálsamo para as feridas da ACB

O Breogán busca en Turquía un bálsamo para as feridas da ACB

Os lugueses enfrontan agora unha repesca a tres partidos contra o Pinar Karsiyaka

G24.gal 02/01/2024 15:38 Última actualización 02/01/2024 15:56

O Breogán xa está camiño de Turquía tras conseguir hai dúas semanas forzar a prórroga e engancharse ao estribo da competición europea derrotando o líder do seu grupo, o Telekom Bonn. Os lugueses enfronta agora unha repesca a tres partidos contra o Pinar Karsiyaka para seguir na Champions League de baloncesto. Un rival solvente e de méritos máis alá dese "que vén o lobo" da súa cancha.

"Na casa xogan moi bo baloncesto con cinco americanos de moito nivel".

Dez de dez partidos levan gañados os turcos no seu campo e e entre eles os tres da casa na competición europea. Con Sipahi, o organizador da selección turca ou Eric McCollum, ex de equipos da Euroliga como grandes referentes, ao adestrador lugués o que de verdade lle preocupa son os seus e as súas dinámicas a tempo cambiado.

"Parece que estamos en pretempada polos cambios, pero non estamos e temos que mellorar máis rápido".

Os constantes cambios non lle están sentando ben ao equipo do Breogán para asentar o seu xogo, pero a competición non agarda por ninguén e mañá toca alimentar un paso adiante máis no seu rendemento, nun escenario de paixón turca no que abofé no van faltar uns altos decibelios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade