O Breogán xa coñece os seus rivais na Champions: xogará no "grupo da morte"
O Breogán xa coñece os seus rivais na Champions: xogará no "grupo da morte"
O equipo lucense caeu nun dos grupos máis duros da competición
Bonn, Bursaspor e Hapoel Holon son os tres rivais do cadro lucense
O C. B. Breogán asistiu ao sorteo da Champions Basketball League como un feito histórico do club e con ganas de competir ante os mellores, e vaia se o logrou.
O equipo adestrado por Mršić verase na fase de grupos co vixente campión da competición e subcampión da liga alemá, o Telekom B. Bonn. Os alemáns parten como favoritos do grupo, mais tamén xogarán ante o Hapoel Holon (4.º na competición israelí) e o Bursaspor (5.º na liga turca).
Os lucenses buscarán a clasificación na fase de grupos, onde pasa directamente á seguinte fase o 1.º de cada grupo e onde o 2.º xogaría o pase ante o 3.º doutro grupo, e respectivamente.
O Breogán xa fixo historia con esta clasificación á competición europea (a primeira da súa historia) e buscará alongar o máximo posible este soño.