Publicador de contidos
Publicador de contidos

O buque Galicia de asalto anfibio, aberto ás visitas do público no porto de Vigo

O buque Galicia de asalto anfibio, aberto ás visitas do público no porto de Vigo

Pódese visitar gratuitamente hoxe luns de 16:00 a 20:00 ou maña martes de 10:00 a 13:00

G24.gal 01/07/2024 14:53

Se queren ver por dentro un buque de asalto da Armada Española, coñecer como se despregan as tropas, os camións e os Hummer desde un anfibio, ou saber como funciona o hospital de a bordo non perdan a oportunidade de ver hoxe e mañá en Vigo o buque Galicia.

Está aberto ás visitas do público de xeito totalmente gratuíto. Onte domingo xa o visitaron mil persoas.

Construído en Bazán, desde a súa botadura, no ano 97, o Galicia conta cunha extensa vida operativa, na operación Alatanta, no Líbano, ou en misións humanitarias como Haití tras o furacán Mitch, ou Indonesia, tras o Tsunami. O buque pode proxectar tropas en terra, por medios de superficie ou aéreos. 

Accedemos ao corazón desde anfibio: o dique. 

"Isto inundariámolo para que a LCM (lancha de desembargo anfibio) flotase, e esta embarcación podémola encher de vehículos de infantería de Mariña como de infantes de Mariña para despregalos na praia", explica Álvaro Cordero, alférez de navío do Galicia.

Normalmente leva a bordo 187 efectivos. Pero pode despregar máis de 600 membros da Infantería de Mariña.

O seu hospital, dotado con máis de sete UCI, serviu por exemplo na pandemia para reforzo sanitario en Ceuta e Melilla.

A visita ao porto de Vigo do Galicia cadra coa fin de curso do cruceiro de instrución. A seguinte parada será Bilbao.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade