Publicador de contidos
Publicador de contidos

O buque Patiño e a fragata Álvaro de Bazán volven a Ferrol tras despregarse coa OTAN

O buque Patiño e a fragata Álvaro de Bazán volven a Ferrol tras despregarse coa OTAN

No Arsenal ferrolán agardaban as familias dos mariñeiros da Armada que regresaban das súas misións

G24.gal 26/06/2023 15:07

Este luns á mañá chegaron a Ferrol a fragata Álvaro de Bazán e o buque Patiño. Ambos os dous veñen de participar en operacións da Alianza Atlántica, un nos mares do norte de Europa o outro no Mediterráneo.

Non é moi habitual que coincidan na chegada o mesmo día, polo que esta mañá foi moi especial. O primeiro en chegar foi o Patiño, tras dous meses de exercicios cunha das agrupacións permanentes da OTAN no mar Mediterráneo.

Posteriormente arribaba a fragata Álvaro Bazán despois dun despregamento de 5 meses no Báltico e no mar do Norte, tamén nunha misión permanente da OTAN e en condicións moi duras de frío e mar malo.

No Arsenal de Ferrol estaban as familias agardando algunhas despois de cruzar literalmente todo o país e vivíronse momentos moi emotivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade