Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela buscará a súa sexta Copa contra o Roldán

O Burela buscará a súa sexta Copa contra o Roldán

Puido co Alcorcón nun partidazo das lucenses (1-6)

O Roldán deu a sopresa diante do Futsi (4-2) e será o rival na final

G24.gal 29/04/2023 18:13

O Burela Pescados Rubén protagonizou a enésima exhibición nun grande evento. Logrou o pase á final ao superar a un Alcorcón de xeito contundente. Dany e Irene Samper, nunha brillante acción de estratexia, marcaban ao pouco de comezar.

As da Mariña erraron moitas ocasións e sorprendentemente o Alcorcón foise ao descanso con vida, un 2-1 grazas ao tanto de Clau López.

Pero a segunda parte, o maior acerto do Burela rematou axiña coa incerteza. Patricia Ortega logrou un imporante terceiro gol e pouco despois Emilly elevou a conta das galegas, que tiveron que defender durante dez minutos o 5 para catro do Alcorcón. Non só non pasaron apuros senón que lograron dous tantos máis, os dous anotados por Peque. O sorriso da capitá do Burela transmite a enorme confianza do equipo nas súas posibilidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade