O Burela gaña ante o Poio a súa quinta Supercopa consecutiva
O Burela gaña ante o Poio a súa quinta Supercopa consecutiva
Derrotou ao Poio Pescamar na final por 1-0 cun gol de Dany
O Burela Pescados Rubén segue a mandar no trofeo da Supercopa. Por quinta edición consecutiva (sexta na súa historia) levou o título gañándolle no duelo galego ao Poio Pescamar grazas a un solitario gol da capitá Dany Domingos.
Non se viu o mellor partido: a tensión, o coñecemento dos dous equipos, a importancia dun título en xogo, demasiados condicionantes para que viramos a mellor versión de ambos os equipos. As defensas predominaron e foi o tino da veterana Dany o que decidiu no segundo tempo.
O Poio Pescamar volveu quedar, igual que en 2021, ao bordo de lograr o seu primeiro título nunha competición deste nivel. Algo ao que está afeito un Burela que perde xogadoras pero segue mantendo o seu xene competitivo.