O Burela terá que remontar se quere ascender á LNFS
O Burela terá que remontar se quere ascender á LNFS
Perdeu diante do Alzira na quenda de penaltis o primeiro partido da final de ascenso á máxima categoría
O Burela Pescados Rubén terá que remontar e gañar os dous partidos que quedan da serie si quere estar a vindeira temporada na LNFS. Perdeu diante do Alzira o primeiro dos encontros despois de empataren o encontro (2-2) e caer na quenda de penaltis.
Nos primeiros dous minutos de partido xa marcaran os dous equipos cadanseu gol. Nando para os da Mariña e o empate de Carlitos a prol dos valencianos. Tardaron moito máis en chegar os outros dous tantos. No 22 Gon Castejón adiantaba ao Alzira. No 37 Eloy acadaba un empate que lle daba opcións ao Burela de sumar o primeiro punto na final.
A quenda de penaltis caeu do lado visitante logo do erro no último lanzamento do Burela e a transformación de Gustavo.