Cargando resultados...
O Cabido da Palma habilita un sistema de códigos QR para acceder á zona evacuada pola erupción
O Cabido da Palma habilita un sistema de códigos QR para acceder á zona evacuada pola erupción
Preocupa a coada que ameaza o centro de La Laguna, do que a separan apenas 800 metros
Control policial nos accesos á zona evacuada pola erupción
G24.gal
02/12/2021 13:27
A actividade eruptiva do volcán de Cumbre Vieja continúa concentrándose no cono secundario e preocupa a coada que ameaza o centro de La Laguna, do que a separan apenas 800 metros.
O Cabido da Palma comezou a utilizar un novo sistema de códigos QR para facilitar a identificación dos veciños e agricultores que necesiten acceder á zona de seguridade.
Este código deberá ser presentado nos controis establecidos no perímetro da zona evacuada e os permisos terán unha duración diaria ou mensual.