Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cambio climático afecta negativamente á produción do mel

O cambio climático afecta negativamente á produción do mel

En Galicia hai preto de 4.500 apicultores entre profesionais e semiprofesionais

G24.gal 25/09/2023 16:30

Hai arredor de catro mil cincocentos apicultores en Galicia. Nos últimos anos, moitos deles están vendo como os seus beneficios e a súa produción baixou á metade.  Hai quen, nesta campaña, está traballando xa a perdas. Hai moitos factores que afecta a esta situación na apicultura pero, si, o cambio climático é un dos principais. 

Cada momento da produción do mel precisa dunhas condicións atmosféricas concretas que, tradicionalmente, coincidían coas estacións. Pero nos últimos anos non está sendo así, e que chova cando se supón que ten que ir sol ou que as temperaturas sexan máis elevadas do habitual, o cambio climático, repercute moi negativamente en moitos sectores, no apícola dun xeito moi preocupante.

Os apicultores teñen que cambiar moitos manexos. E, cando as colmeas estaban ao tope para aproveitar a floración, vén unha tormenta que lle afecta, por exemplo, á candea do castiñeiro. 
Ante as dificultades, que van en aumento, e o risco de seguir perdendo cartos, os apicultores galegos están buscando alternativas. Unha que está a funcionar bastante ben é a elaboración de cosméticos a partir do mel. A diversificación do produto, buscarlle a máxima saída ao mel pode ser unha solución inmediata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade