Publicador de contidos
Publicador de contidos

O campo da festa do atropelo masivo en Vilanova de Arousa estaba valado

O campo da festa do atropelo masivo en Vilanova de Arousa estaba valado

A Garda Civil investiga as circunstancias do sinistro que feriu dezaoito persoas

O menor ferido grave evoluciona favorablemente tras ser operado no CHUS

G24.gal 08/05/2023 20:19 Última actualización 08/05/2023 21:09

A Garda Civil realiza unha última inspección ocular do campo da festa de San Miguel de Derio antes de autorizar o levantamento da carpa.

Investiga as circunstancias do atropelo masivo que causou dezaoito feridos, catro deles graves. Un pequeno vehículo automático conducido por unha octoxenaria percorreu uns 20 metros desde onde estaba aparcado e bateu contra parte do público e un dos piares da carpa instalada para a verbena.

O alcalde de Vilanova de Arousa asegura que a comisión de festas cumpría todas as medidas de seguridade e que o recinto onde actuaba a París de Noia estaba valado.

"A investigación é moi sinxela. Un vehículo entrou nun recinto que estaba valado e bateu contra a carpa", di o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán. 

O que non está claro é se o vehículo que causou o atropelo masivo podía estar estacionado nese lugar, a poucos metros de onde se celebraba a verbena. Varias testemuñas aseguran que a condutora e o seu esposo, o histórico contrabandista alcumado Falconetti, estiveran escoitando a orquestra no interior do vehículo.

"Moita xente maior que vén no coche queda nel mirando a orquestra. E despois ao mellor sen querer déronlle a algunha panca e deixaron ir o coche por aí", di un mozo que estaba na verbena.

A condutora deu negativo nas probas de alcol e drogas e está sendo investigada por un delito de lesións e danos por imprudencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade