O detido por espetar o seu coche contra un bar da Coruña seguirá en prisión provisional
O detido por espetar o seu coche contra un bar da Coruña seguirá en prisión provisional
Os avogados da acusación particular din que existía un risco de fuga clarísimo porque hai cinco tentativas de homicidio
Non houbo feridos de gravidade, pero si son considerables os danos materiais e morais
O detido por esnafrar o seu coche contra un bar dos Mallos continuará en prisión provisional, segundo ratificou a xuíza na vista deste xoves nos Xulgados da Coruña. Os avogados da acusación particular defenden esta medida.
"As penas ás que se pode enfrontar son altas, a tentativa de homicidio pode chegar ata os nove anos. Hai un risco de fugas clarísimo porque hai cinco tentativas de homicidio", di Adrián Borrajo, avogado da acusación particular.
Non houbo feridos de gravidade, pero si son considerables os danos materiais e morais. "Non podes nin imaxinar como me sinto, teño o local desfeito e non podo traballar", conta Gislene Inacia Vieira, a dona do local.
Xa comezaron as declaracións das testemuñas. A dona do bar agarda que se faga xustiza.: "Espero que estea bastantes anos no cárcere, que poida conseguir arranxar o local e que non se achegue, porque sinto un pouco de medo".
O suceso ocorreu hai algo máis dunha semana. O detido esnafrou o seu coche contra o bar e levou por diante varias persoas. Supostamente, o home acudira ao lugar despois de que o chamara a súa exmuller tras unha pelexa coa súa parella actual.