Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete persoas feridas, tres delas nenos, nun atropelo múltiple nun rally en Navarra

Sete persoas feridas, tres delas nenos, nun atropelo múltiple nun rally en Navarra

Un dos turismos que participaba no Rally Villa de Fitero saíu da estrada e levou por diante nunha curva varias persoas que presenciaban a proba

Un helicóptero medicalizado evacuou un neno de 4 anos ata o Hospital Universitario de Navarra

Lugar onde se rexistrou o atropelo múltiple/ RRSS
G24.gal 10/08/2024 17:46 Última actualización 11/08/2024 14:34

Sete persoas que formaban parte do público resultaron feridas de diversa consideración ao ser atropeladas por un vehículo que participaba no XIV Rally Villa de Fitero, en Navarra, proba que foi suspendida.

A Policía foral e SOS Navarra informan de que o atropelo múltiple se rexistrou contra as 14:32 horas no quilómetro 19,5 da estrada NA-6900 no cruzamento coa NA-6941, onde se saíu da vía uno dos vehículos participantes na proba deportiva.

Os servizos de emerxencia trasladaron a sete persoas ao Hospital Reina Sofía de Tudela, un deles un home de 60 anos, que sofre politraumatismos con prognóstico reservado, e que foi trasladado nunha ambulancia de soporte vital avanzado, do mesmo xeito que un menor de 4 anos, con politraumatismos.

Un helicóptero medicalizado evacuou ao cativo desde este centro médico ao Hospital Universitario de Navarra ante a gravidade das lesións.

SOS Navarra deu datos de seis dos feridos: con prognóstico reservado, trasladaron unha muller de 40 anos, con policontusións; un home de 39 anos, con politraumatismos; un neno de 8 anos, con policontusións, e un neno de 6 anos, con policontusións.

Tras recibir o aviso do sinistro, o centro de xestión de emerxencias de SOS Navarra mobilizou ao lugar dos feitos a efectivos do parque de bombeiros de Tudela, o equipo médico de garda da zona, dúas ambulancias de soporte vital avanzado, tres ambulancias de soporte vital básico e patrullas da Policía Foral.

Colaboraron nos traslados outras dúas ambulancias, unha de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, que formaban parte do dispositivo sanitario preventivo da proba deportiva.

Patrullas de Tráfico da comisaría de Tudela da Policía Foral desprazáronse á zona, mentres que un equipo da Brigada de Atestados da mesma comisaría instrúe as dilixencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade