Publicador de contidos
Publicador de contidos

O canto dos galos dun veciño de Arteixo convértese en motivo de discordia

O canto dos galos dun veciño de Arteixo convértese en motivo de discordia

G24.gal 30/04/2023 19:05 Última actualización 30/04/2023 19:59

O canto diario dos galos que un veciño de Arteixo criaba na súa vivenda converteuse nun motivo de discordia inesperado. O dono dos animais recibiu unha nota anónima na porta da súa casa, na que un veciño dun edificio próximo se queixaba de que os galos cantaban moi alto. No barrio da Baiuca, próximo á Casa do Concello, é común que a veciñanza críe galos para autoconsumo e para participar na Feira do Galo que se celebra en Arteixo no mes de decembro. Para evitar problemas coa veciñanza, o dono dos galos decidiu finalmente desfacerse deles.

“'Escóitase máis forte dentro do edificio que na rúa. Por favor, xa abonda co galo', di a nota que me deixaron na porta. Simplemente había tres galos. O paisano que creo que me quere denunciar é posible que os oia cando cantan, pero que ás seis da mañá che cante un galo non creo que moleste moito, explica León, o dono dos galos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade