O catedrático Sobrino Heredia recomenda "negociar" coa CE a prohibición de pescar en 87 áreas
O catedrático Sobrino Heredia recomenda "negociar" coa CE a prohibición de pescar en 87 áreas
Ir a un recurso, a unha resolución xudicial, é evidentemente a última posibilidade
O catedrático de Dereito Internacional Público da Universidade da Coruña José Manuel Sobrino Heredia di que, antes de acudir á xustiza para tirar abaixo o regulamento que prohibirá pescar en 87 áreas das augas comunitarias, cómpre negociar coa Comisión Europea un cambio na norma, sobre todo a través do Parlamento Europeo. Falaba no Galicia por diante.
"Ir a un recurso, a unha resolución xudicial, é evidentemente a última posibilidade. Antes hai que negociar. Aí está o Parlamento Europeo. Temos deputados galegos no Parlamento Europeo. Temos medios de presión política antes de ir á vía xudicial. Se hai que ir á vía xudicial, hai que formular moi ben o recurso".
"Hai que xustificar que esta medida non vai lograr os obxectivos que propón o propio regulamento, no sentido de que, se o que intenta é protexer uns espazos que son vulnerables, con esta medida non se fai. Habería outros mecanismos máis proporcionados que serían menos prexudiciais para o sector pesqueiro que o adoptado".