Publicador de contidos
Publicador de contidos

O C. D. Lugo imponse á U. E. Cornellá

O C. D. Lugo imponse á U. E. Cornellá

Dous goles de Antonetti e outro de Narro danlle os tres puntos aos de Trashorras

G24.gal 11/05/2024 18:47 Última actualización 11/05/2024 19:34

O C. D. Lugo venceu a U. E. Cornellá no Anxo Carro por 3-1 nun partido onde varias accións individuais afundiron a un equipo visitante que non puido ofrecer maior resistencia. 

Os de Trashorras comezaron mantendo a iniciativa no xogo mais sen crear grandes ocasións de gol. Sería mediante unha acción individual espectacular de Aranda que chegaría o primeiro. Driblaría a varios xogadores para conducir e fixar a un defensa que quedou vendido ante o pase ao espazo para un Antonetti que definiu con solvencia o man a man ante o meta catalán. A primeira parte ofrecería ocasións para ambos conxuntos mais ningún podería concretar e o Lugo marcharía gañando ao descanso. 

Nada máis comezar o segundo tempo movería o marcador. O que parecía un centro de Robert Simón colleu portería e pillou completamente desprovisto ao gardameta lucense que non foi quen de atallar o balón. Con boa capacidade de reacción do Lugo aparecería minutos despois unha transición rápida para Víctor Narro que levou o balón ata que tivo a ocasión de disparar e fusilou ao porteiro do conxunto catalán. Pouco tempo despois un córner dende o lado dereito acabaría no fondo da portería visitante tras aparecer Leandro Antonetti ao segundo pau, poñendo o segundo tanto na súa conta particular. O resultado non se movería ata o final do partido, malia as varias ocasións claras de ambos conxuntos. O peor para os locais sería a lesión de Ledesma que saíu mancado pouco tempo despois de entrar no terreo de xogo. Estaremos á espera do parte médico para coñecer o alcance da lesión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar