Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta afasta a Santi Mina dos adestramentos e ábrelle expediente disciplinario

O Celta afasta a Santi Mina dos adestramentos e ábrelle expediente disciplinario

O Celta "amosa o seu máis absoluto rexeitamento do delito tipificado na resolución xudicial"

Carlos Mouriño "condena enerxicamente os feitos acontecidos hoxe"

G24.gal 04/05/2022 11:05 Última actualización 04/05/2022 16:13

Por mor da sentenza da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Almería, emitida na xornada de hoxe, o R. C. Celta decidiu a apertura dun expediente disciplinario ao xogador Santi Mina para dilucidar as súas responsabilidades laborais á vista desta resolución. Por esta razón, e de maneira cautelar, decidiuse apartar o xogador provisionalmente dos adestramentos do primeiro equipo, sen prexuízo de que continúe realizando as actividades que ao efecto lle indique o club.

O Celta respecta o dereito de defensa do xogador, pero vese na obriga de tomar medidas fronte a aqueles feitos que menoscaban de forma notoria a imaxe do club e atentan directamente contra os seus valores, e mostra unha vez máis o seu máis absoluto rexeitamento do delito tipificado na resolución xudicial.

 

A conta oficial do Celta acaba de publicar unha mensaxe do seu presidente. Carlos Mouriño reafirma o indicado polo club no comunicado:

O presidente do Celta Carlos Mouriño, acompañado polo director xeral do club Antonio Chaves, estiveron en Afouteza para comunicarlle ao cadro técnico e de xogadores a decisión de apartar do equipo a Santi Mina.

O que quedou absolto foi o exceltista Goldar, que xoga agora no Eivisa. O de Portas, amigo íntimo de Mina e excompañeiro del nas categorías inferiores celestes, estaba acusado no procedemento como cooperador necesario. O xuíz non apreciou que fose así.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar