O Celta anuncia as marchas de Losada e Barcia
O Celta anuncia as marchas de Losada e Barcia
Ambos xogadores rematan contrato o 30 de xuño
A marcha de Losada sorprende pola posible renovación que se falou nos últimos días
O R. C. Celta anunciou este mediodía que dous dos xogadores máis importantes do Celta B, Iker Losada e Sergio Barcia, serán baixa, pois non renovarán e serán libres o día 30 de xuño.
A nova pilla por sorpresa a toda a afección celeste, que confiaba en que o club chegase a un acordo cos xogadores, asinasen as súas renovacións e buscasen unha cesión en Segunda División. Losada e Barcia foron dous dos xogadores chave na gran tempada do Celta B, sendo Losada o primeiro capitán do filial e Barcia o líder da defensa celeste.
Coa marcha de Losada deixa o club unha das maiores promesas da canteira celeste nos últimos disputando moi poucos minutos co primeiro equipo despois dun debut fronte ao Real Madrid na tempada 2019/2020 onde anotou un gol.
Barcia regresou ao club celeste neste mercado de verán dende o Granada, equipo ao que marchou dende as categorías inferiores do Celta, e converteuse dende o primeiro momento no central líder da zaga do filial.