Cargando resultados...
O Celta B asalta o Reino de León e mira cara arriba
G24.gal
05/12/2021 21:15
Onésimo renunciou aos tres centrais, compuxo unha aliñación con Gabri e Lauti e o filial protagonizou unha primeira parte magnífica na que marcou este tanto de Alfon.
Minuto dous, a pase de Lauti. E na que puido ampliar de ter algo máis de fortuna. Jordan Holsgrove petou co pao. Como logo, no segundo tempo tamén, petaría coa madeira Alfon.
Neste segundo período o Celta preferiu controlar, manexar o resultado e sorte que estivo oportuno Gaízka Campos porque, contra o final, a Cultu puido empatar. 0-1 final no Reino.
Importante triunfo de Celta B pra mirar cara arriba e ver xa a catro o playoff.