O Celta B defende a súa renda en Elda á busca da final
O Celta B defende a súa renda en Elda á busca da final
A tripla de Lautaro dálle vantaxe (3-2) aos de Giráldez
O técnico non pensa especular no campo do Eldense
O partidazo da ida deu unha vantaxe, mínima, importante, pero non suficiente para ser conservadores.
O nivel do Celta B sorprendeu o Eldense, que incluso esaxera a realidade dos novos valores celestes.
Non foron tantos os que xogaron contra o Barcelona como di o técnico visitante, Fernando Estévez, pero iso fala do respecto ao Celta B dun Eldense que suma 12 vitorias e 7 empates na casa. Sen derrotas. Só perdeu co Athletic de Bilbao na Copa. O seu técnico formula un partido para madurar.
É unha cita para a historia, a dun filial que este ano foi quizais o grande orgullo da entidade.
Chega unha final, unha proba de madurez para uns xogadores que pretenden queo día de hoxe sexa inesquecible.