O Celta B non quere ser un convidado na festa do Racing
O Celta B non quere ser un convidado na festa do Racing
O Celta B precisa gañar para xogar a promoción de ascenso
Desexan que os resultados favorezan os dous equipos
Claudio Giráldez só ten unha idea na cabeza. A presión é para o Racing a ilusión, compartida.
"Confío en nós. O noso obxectivo está cumprido, estamos nunha posición privilexiada e evidentemente queremos gañar e xogar o play off. Eles si teñen unha presión engadida que é estar na súa casa e ter oportunidade de ascender directamente. Nós temos a ilusión de xogar o play off".
Sente o técnico que ao Celta B lle outorgan un papel de mero convidado na festa do Rácing e non están dispostos a acatalo.
"Imos estragarlle un pouco a festa, esperemos. Oxalá poidamos celebrar os dous, que pode pasar, sería o ideal, gañar nós e que o Alcorcón non gañe. Nós imos ir gañar o partido, só temos que pensar no noso partido, en gañar, nos tres puntos".
Non quere pensar nin saber Claudio o que vaia acontecendo no partido do Linares, o seu perseguidor na táboa cun punto menos.