Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta e Denis Suárez fan as paces coa chegada de Marián Mouriño

O Celta e Denis Suárez fan as paces coa chegada de Marián Mouriño

Denis: "Isto faime moi feliz. É o club da miña vida. Non ten ningún sentido ter mala relación"

G24.gal 22/03/2024 17:09 Última actualización 22/03/2024 17:17

Denis Suárez volve a Vigo. Aproveita a súa recuperación tras lesionarse co Vilarreal ao comezo da competición internacional e, malia pasar polo quirófano, non perde o horizonte na súa carreira.

"Teño 30 anos e espero xogar moitos máis".

O Celta e o futbolista de Salceda de Caselas veñen de inaugurar unha nova etapa nas súas conflitivas relacións.

"Isto faime moi feliz. É o club da miña vida. Non ten ningún sentido ter mala relación".

Para Denis Suárez o Celta e o celtismo son parte inseparable do seu camiño polo fútbol. O xogador mira con bos ollos a chegada dun adestrador da casa ao primeiro equipo e cre que o club atina de cheo dándolle un papel relevante á canteira.

"Oxalá un día un Celta como o Athlétic".

Nese futuro máis inmediato para Denis Suárez está a súa Fundación, que será presentada oficialmente pola tarde e coa que que pretende promover o lado máis solidario do fútbol.

"Darlle formación a cativos, pero tamén a adultos".

O Suárez máis social e didáctico non ven de agora, porque dende hai xa seis anos dirixe cada verán unha concorrida escola de fútbol para os novos valores do noso fútbol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade