Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuíza decreta prisión para o acusado de matar un mozo en Salceda de Caselas

A xuíza decreta prisión para o acusado de matar un mozo en Salceda de Caselas

G24.gal 25/01/2024 15:51 Última actualización 25/01/2024 16:20

A titular do Xulgado de Instrución nº1 do Porriño ratificou este xoves o ingreso en prisión do detido pola morte do mozo marroquí Soufian Mhara en Salceda de Caselas en 2019.

Os familiares da vítima recibírono no xulgado con berros de "asasino".

A irmá de Soufian pediu ás portas do xulgado que se faga xustiza e que se siga investigando o caso para saber se o suposto autor material do crime foi o único responsable ou se hai unha terceira persoa que deu a orde de matar. 

Soufian Mhara foi acoitelado ás portas dun local de copas de Salceda de Caselas en 2019.

O detido foi Interceptado no Reino Unido e extraditado a España. Ten 30 anos e é de orixe albanesa. Ten antecedentes por tráfico de drogas e crime organizado.

A detención foi posible despois de que o Xulgado de Instrución número 1 do Porriño emitira unha orde de detención internacional que, tras unha laboriosa investigación das autoridades, permitiron localizar o presunto autor da morte do mozo, que tiña 24 anos.

Para a identificación do sospeitoso, foron esenciais as declaracións de testemuñas, quen tamén achegaron á causa vídeos e fotografías do día dos feitos.

O arrestado tiña antecedentes. Un xulgado de Cambados ditara unha contra el pola súa implicación en narcotráfico.

Fontes da investigación cren que abandonou o territorio nacional tras cometer o homicidio e pasou por diferentes países, entre eles Portugal, Francia, Italia, Albania, Grecia e, finalmente, o Reino Unido, onde foi detido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade